luns, 4 de maio de 2020

Festa dos Maios

 Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a festa dos maios en Galicia, tamén coñecida simplemente como os Maios.
 Esta celebración primaveral adóitase celebrar arredor do 1 de maio. A festa consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou escultura, chamada maio feita con fiúncho, flores, musgo, carrabouxos… Grupos de xente cantan coplas populares cheas de crítica social (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados de percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinando que, por Lugo ou Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario