domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Chegou o Día das Letras Galegas 🎆
Homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero
Unha boa maneira de telo presente hoxe é 
lendo os seus poemas😍

Teño unha dor que me canta no peito
como unha rula en gaiola fechada.
Ela me fai arrincarme do leito
pra facer versos á lus da alborada.
Fun cazador incansable de estrelas
fixen con elas licor de ilusión.
 O meu brasón son estrelas marelas
no campo roxo do meu corazón.
Miña canzón, miña dor latexante
é bolboreta do lume brilante
da outra fogueira da melancolía
das acedumes da vida tunfante.
Miña dor canta e eu déixoa que cante
porque sei ben ha finar algún día. 

Chegou o Día das nosas letras, da nosa lingua 🎇
Que siga viva durante moitos anos👏 
Dende a plataforma Queremos Galego propóñennos que durante o día de hoxe penduremos das nosas xanelas e varandas cartaces que poñan "queremos galego" feitos por nós ou este cartaz do ilustrador Davila.


Tamén nos propoñen á 13:00 saír ás xanelas a cantar esta linda cantiga de Uxía Senlle e Sérgio Tannus 😍

Ningún comentario:

Publicar un comentario