mércores, 20 de maio de 2020

Dakidarría "Terra"

O grupo Dakidarría gravou este vídeo no confinamento coa colaboración de diversos grupos musicais do país.🎤🎸🎹🎶
Disfrutádea!

 

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Chegou o Día das Letras Galegas 🎆
Homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero
Unha boa maneira de telo presente hoxe é 
lendo os seus poemas😍

Teño unha dor que me canta no peito
como unha rula en gaiola fechada.
Ela me fai arrincarme do leito
pra facer versos á lus da alborada.
Fun cazador incansable de estrelas
fixen con elas licor de ilusión.
 O meu brasón son estrelas marelas
no campo roxo do meu corazón.
Miña canzón, miña dor latexante
é bolboreta do lume brilante
da outra fogueira da melancolía
das acedumes da vida tunfante.
Miña dor canta e eu déixoa que cante
porque sei ben ha finar algún día. 

Chegou o Día das nosas letras, da nosa lingua 🎇
Que siga viva durante moitos anos👏 
Dende a plataforma Queremos Galego propóñennos que durante o día de hoxe penduremos das nosas xanelas e varandas cartaces que poñan "queremos galego" feitos por nós ou este cartaz do ilustrador Davila.


Tamén nos propoñen á 13:00 saír ás xanelas a cantar esta linda cantiga de Uxía Senlle e Sérgio Tannus 😍

sábado, 16 de maio de 2020

partida de birlos

Apetécevos xogar unha partida de birlos coa familia e sen necesidade de saírmos da casa?
O EDLG do Ceip Juan Fernández Latorre elaborou este xogo tan divertido. Canto máis saibamos da biografía e da traxectoria profesional e literaria de Carvalho Calero, antes remataremos o xogo. Quen gañará? Para xogar preme esta ligazón


Crebacabezas de Carvalho Calero

Sabedes moito sobre a vida e obra de Carvalho Calero?
Proba a contestar as preguntas e conseguir completar este crebacabezas, elaborado polo alumnado do CEIP Graxal de Cambre. 
Para comezar a xogar, premede esta ligazón

xoves, 14 de maio de 2020

Reto da Raposa Fedella/Carvalho Calero

Animádesvos a axudarlle á Raposa Fedella a resolver este reto que nos envían dende a Cidade da Cultura? Contén un labirinto, unha sopa de letras, un encrucillado...Seguro que o conseguides!💪
Para comezar premede na seguinte ligazón
Pasádeo ben!🐱 😉

Pasabalabra sobre Carvalho Calero

Dende o Ceip San Pedro de Visma chéganos esta ruleta de preguntas sobre Ricardo Carvalho Calero para coñecer mellor a traxectoria vital e literaria do autor ferrolán. Grazas por compartila con nós😊 
Serás capaz de avidiñar tódalas palabras?
Para comezar a xogar preme na seguinte ligazón

martes, 12 de maio de 2020

Reto 3. Día das Letras Galegas

Ricardo Carvalho Calero escribiu un conto titulado "As pitas baixo a choiva". Propoñémosche que crees a túa galiña como máis che guste (de cartón, pintada con acuarela, cun collage...). Anímaste??
Seremos capaces de xuntar as pitas de todo o alumnado do cole?
Envíanos a túa creación a ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com
Xa chegaron as dúas primeiras. Mirade, mirade 😍 


letras galegas para carvalho calero

Escoitando e cantando esta pegadiza cantiga aprendemos un pouco máis sobre a vida e obra deste autor. 🎶


Reto 2. Día das Letras Galegas

Carvalho Calero contribuíu con numerosas colaboracións a destacadas revistas literarias como: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios ou Papel de Color.
Serás capaz de atopar o nome destas revistas nesta sopa de letras. Seguro que si 😉.

venres, 8 de maio de 2020

Reto 1. Día das Letras Galegas

Serás capaz de resolver este reto?
En Santiago de Compostela hai unha escultura de Carvalho Calero (védela na foto ↓) 
 Saberás dicir o nome da rúa na que se atopa?
🎁PREMIO!! para a primeira persoa que acerte.
Escribide as vosas respostas ao final desta publicación (onde pon Escribe un comenario).


Telexornal "Carvalho calero" dende o CPI dos Dices

Dende o CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) chéganos este telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero. Grazas por compartir este vídeo que nos achega a este autor e á súa obra.
Parabéns! Quedou xenial 👏👏

 

Illas de Sal

Illas de Sal é o novo videoclip do disco "As catedrais silenciadas" de Xabier Díaz & As adufeiras de Salitre. É fermosísimo!!😻
Que ganas de ir a praia e de bailar tamén!😃

xoves, 7 de maio de 2020

toponimízate. os nomes da túa terra

A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugares: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes... É un aspecto fundamental do noso patrimonio inmaterial. Se queredes descubrir o significado dos nomes de concellos, parroquias, vilas, aldeas... premede nesta ligazón . Tamén poderedes visualizar sobre unha fotografía aérea os milleiros de microtopónimos (nomes de terras, outeiros, penedos, praias, fontes..). Toda esta información sérvenos para coñecer mellor o noso territorio e a historia local de cada recuncho galego.😊
Eu busquei o topónimo "A Esquipa" onde se atopa o noso  cole. Sabiades que en Galicia hai máis lugares que teñen ese nome? Mirade ⬇⬇⬇ Sodes capaces de atopar o cole na foto aérea? 👀👀 

Os vosos maios II

E seguen chegando fotos de maios fermosísimos😍👏
Grazas por compartilas!
Podemos cantar arredor deles
🎵"Maio, maíño ponte de pé
a ver se gañamos para un café,
maio, maíño ponte de lado 
a ver se gañamos para un xeado" 🎶


mércores, 6 de maio de 2020

Os vosos Maios

Mirade que Maios tan chulis están chegando 😍😍
Animádevos a facer o voso!! 🌹🌼🌷🌼🌺🌼
Aínda estades a tempo!
Non esquezades envialo a
 ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com 
 

luns, 4 de maio de 2020

Como elaborar un maio na casa

A proposta de hoxe é seguir mantendo viva a tradición dos maios a través da memoria dos maiores. Aproveitade para preguntarlle aos vosos avós e avoas, bisavós e bisavoas, como vivían esta festividade, que se cadra é distinta, ou non, a como se vive na actualidade.
E como este ano non podemos celebrar a Festa dos Maios no cole, 
deixámosvos uns vídeos onde Alba (Aulas Galegas) nos explicarcomo facer un maio con material de refugallo e outro da maneira tradicional adaptado ao confinamento. 
Animádevos a facer o voso en familia? Veñaaaaa
Non esquezades enviarnos o voso resultado ao correo
ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com 
Se preferides tamén podedes debuxar o voso maio e pintalo como vos apeteza.


 

Festa dos Maios

 Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a festa dos maios en Galicia, tamén coñecida simplemente como os Maios.
 Esta celebración primaveral adóitase celebrar arredor do 1 de maio. A festa consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou escultura, chamada maio feita con fiúncho, flores, musgo, carrabouxos… Grupos de xente cantan coplas populares cheas de crítica social (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados de percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinando que, por Lugo ou Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.