mércores, 23 de decembro de 2020

postal gañadora

 E aquí tendes a postal gañadora!!

Parabéns Xián 👏👏

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexámosvos Bo Nadal e Feliz Ano 🌠✨

E como di a postal de Xián, confiemos en que

 "O 2021 será mellor"🍀
 

visita do apalpador

 Que sorpresa levamos cando o venres chegamos ao cole.

 Pola noite o Apalpador pasou por Lavacolla e deixou en cada aula unha carta, unha presa de castañas e un agasallo para cada nen@.🎉🎁

Grazas 😊


 




 

postais finalistas

 Aquí tendes as postais finalistas do concurso!

Parabéns!! Son chulísimas 😍





cantares de reis

 Aínda que leva unha semana chovendo, non podiamos quedar sen saír a cantalos reis e repartir postais aos veciños e veciñas da Esquipa!🎅🎄



Concurso de postais

 Mirade cantas postais se presentaron ao concurso!!👏👏



 

sábado, 12 de decembro de 2020

panxoliñas e cantares de reis

 É o tempo de comezar a ensaiar panxoliñas e cantares para saír a cantalos reis.🎍🎄🎅🎵

Aquí tendes algunhas...








 

o apalpador

 Coñeces o Apalpador?

  

É un carboeiro que baixa das montañas do Courel na noite do 24 ou 31 de decembro para visitar as casas d@s nen@s. Cando están durmindo, apálpalles a barriga para ver se comeron abondo durante o ano. Déixalles unha presada de castañas e ás veces un agasallo feito de madeira. Tamén lles desexa que teñan un ano cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano.

Neste vídeo, Fina de Ferramulín cóntalle ao escritor Sechu Sende quen era o Apalpador. 


 E nestoutro vídeo, o alumnado de 5º curso do CEIP Nosa Sra de Xuvencos cóntanos a historia desta personaxe da tradición galega.


 

mércores, 2 de decembro de 2020

luns, 30 de novembro de 2020

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Neste 25 de Novembro e tódolos días do ano berramos "Non á violencia machista" e pensamos en 

MIL MANEIRAS 

de ser 

MULLER😍💜


 Neste día lemos nas aulas este poema da mestra do noso cole, Carmen Sampedro que levou o 1º Premio no Certame "Cores con palabras" (A Estrada, 2019). Parabénssss!!!👏👏

NON QUERO

Como bolboretas sen ás, sen aire

coa boca pechada, encadeada ao silencio...

co medo ancestral, sometida ao teu cariño baldío

sentíndome invisible para o mundo.

Sacias a túa sede coas miñas bágoas,

o meu sangue alimenta o teu ego,

son unha sombra da túa covardía.

Que fago mal para que me castigues?

Se teu amor é dor, non quero amarte.

Non quero dixen!!!

Non quero berrei!!!

Quero vivir sen a culpa impresa no meu rostro.

Quero romper as cadeas que me aprisionan.

Quero voar, quero rir, quero soñar...

Eu son grande, eu son forte, eu son muller.

E dígoche: NON QUERO!!!

sábado, 14 de novembro de 2020

magosto

 Día solleiro para comer castañas e chocolate!

😋😋



 

PARABÉNS!

 Xa temos os nomes das dúas gañadoras do concurso de Debuxo de Monstros e tamén do gañador do concurso de Relatos de Medo.

PARABÉNS Ildara, Alexandra e Antón 👏🎇🎆





 

mércores, 11 de novembro de 2020

colares de zonchos

Coñeces os colares de zonchos?

Rosalía de Castro escribe no seu libro Cantares Gallegos

 "has de cantar 

que che hei de dar zonchos

 has de cantar 

que che hei de dar moitos"

Unha tradición da nosa terra é a dos colares de zonchos, isto é, castañas cocidas coa pel e cunha agulla e un cordel enfiadas facendo un colar. Antigamente facíanse como amuletos para poñerllos aos nenos/as os días 1 e 2 de novembro.

Anímaste a facer un?

 

É tempo de Magostos!

 Este venres celebraremos no cole a festa do Magosto. A raíña desta festa é a castaña. Esta froita contén vitamina C, potasio, ferro, fósforo, iodo e calcio. Así que preparádevos para comer unha chea delas!

E co bandullo cheo podedes cantar: 

"Non chas quero, non chas quero

castañas do teu magosto

non chas quero, non chas quero

que me cheiran ao chamosco". 

Aquí vos deixo outra cantiga de Xavier Blanco para que bailedes e cantedes:




domingo, 1 de novembro de 2020

Concursos de samaín

 Mirade cantos debuxos de Monstros se presentaron ao concurso👏


 E relatos tamén ...



 Cal será o elixido? En breve saberémolo😀

venres, 23 de outubro de 2020

concursos de samaín

 I Concurso de Debuxo de monstros e de Relatos de medo.

👻💀👾🎃

Se queres participar, aínda estás a tempo. Buleeeee!!

 


venres, 16 de outubro de 2020

día internacional das mulleres rurais

 Onte foi o Día Internacional das mulleres rurais. Un día no que lembramos e recoñecemos a tódalas mulleres que viven no rural como motor esencial da vida social, cultural e económica do noso país.

Imagen

benvid@s a este novo curso!

 Xa estamos de volta! Despois de moitos meses sen vernos, voltamos con moitas ganas de compartir proxectos, experiencias, momentos...!👏👏

xoves, 25 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

Chegou o verán e con el
a fin de curso!
Aquí vos deixamos algúns momentos 
que compartimos dende setembro a marzo.
DISFRUTADE DO VERÁN!😎🌊🌞
Vémonos pronto 👋😘💜



mércores, 10 de xuño de 2020

A música das baleas "A peor xogada"

Un grupo de nenas e nenos do Ceip de Caión gañou o 1º Premio no IV Certame da música infantil e xuvenil "Quero Cantar" con esta fermosa canción, "A peor xogada".


xoves, 4 de xuño de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Mañá é o Día Mundial do Medio Ambiente 🌍💖
Deixámosvos esta curta de animación que nos fai ver como a coidicia do ser humán 😒 provoca graves cambios nos ecosistemas que podemos evitar se coidamos o medio ambiente. 

 

Novidades Musicais



 



 



mércores, 3 de xuño de 2020

fermosas palabras

Na nosa lingua temos unha chea de palabras fermosas😍
 E para ti, cal é a palabra máis fermosa?
Escríbea ao final desta publicación 😉

 

mércores, 20 de maio de 2020

Dakidarría "Terra"

O grupo Dakidarría gravou este vídeo no confinamento coa colaboración de diversos grupos musicais do país.🎤🎸🎹🎶
Disfrutádea!

 

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Chegou o Día das Letras Galegas 🎆
Homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero
Unha boa maneira de telo presente hoxe é 
lendo os seus poemas😍

Teño unha dor que me canta no peito
como unha rula en gaiola fechada.
Ela me fai arrincarme do leito
pra facer versos á lus da alborada.
Fun cazador incansable de estrelas
fixen con elas licor de ilusión.
 O meu brasón son estrelas marelas
no campo roxo do meu corazón.
Miña canzón, miña dor latexante
é bolboreta do lume brilante
da outra fogueira da melancolía
das acedumes da vida tunfante.
Miña dor canta e eu déixoa que cante
porque sei ben ha finar algún día. 

Chegou o Día das nosas letras, da nosa lingua 🎇
Que siga viva durante moitos anos👏 
Dende a plataforma Queremos Galego propóñennos que durante o día de hoxe penduremos das nosas xanelas e varandas cartaces que poñan "queremos galego" feitos por nós ou este cartaz do ilustrador Davila.


Tamén nos propoñen á 13:00 saír ás xanelas a cantar esta linda cantiga de Uxía Senlle e Sérgio Tannus 😍

sábado, 16 de maio de 2020

partida de birlos

Apetécevos xogar unha partida de birlos coa familia e sen necesidade de saírmos da casa?
O EDLG do Ceip Juan Fernández Latorre elaborou este xogo tan divertido. Canto máis saibamos da biografía e da traxectoria profesional e literaria de Carvalho Calero, antes remataremos o xogo. Quen gañará? Para xogar preme esta ligazón


Crebacabezas de Carvalho Calero

Sabedes moito sobre a vida e obra de Carvalho Calero?
Proba a contestar as preguntas e conseguir completar este crebacabezas, elaborado polo alumnado do CEIP Graxal de Cambre. 
Para comezar a xogar, premede esta ligazón

xoves, 14 de maio de 2020

Reto da Raposa Fedella/Carvalho Calero

Animádesvos a axudarlle á Raposa Fedella a resolver este reto que nos envían dende a Cidade da Cultura? Contén un labirinto, unha sopa de letras, un encrucillado...Seguro que o conseguides!💪
Para comezar premede na seguinte ligazón
Pasádeo ben!🐱 😉

Pasabalabra sobre Carvalho Calero

Dende o Ceip San Pedro de Visma chéganos esta ruleta de preguntas sobre Ricardo Carvalho Calero para coñecer mellor a traxectoria vital e literaria do autor ferrolán. Grazas por compartila con nós😊 
Serás capaz de avidiñar tódalas palabras?
Para comezar a xogar preme na seguinte ligazón

martes, 12 de maio de 2020

Reto 3. Día das Letras Galegas

Ricardo Carvalho Calero escribiu un conto titulado "As pitas baixo a choiva". Propoñémosche que crees a túa galiña como máis che guste (de cartón, pintada con acuarela, cun collage...). Anímaste??
Seremos capaces de xuntar as pitas de todo o alumnado do cole?
Envíanos a túa creación a ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com
Xa chegaron as dúas primeiras. Mirade, mirade 😍