martes, 31 de marzo de 2020

Lugares de Galicia

Serás capaz de descubrir que lugar de Galicia se corresponde con cada número. O primeiro é Boimorto, agora segue ti!
Veña, a darlle á cachola!!!!
Se descubres algún podes escribir un comentario no final desta publicación.


Reto da Raposa Fedella

Dende a Cidade da Cultura propóñennos o seguinte reto: a Raposa Fedella precisa da nosa axuda. A Biblia Kennicott desapareceu! É unha das obras máis importantes da exposición Galicia, un relato no mundo do Museo Centro Gaiás e ten un valor incalculable.
Quéreslle axudar á Raposa Fedella? Entra no seguinte enlace e resolve os enigmas.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/reto-da-raposa-fedella-desaparicion-da-biblia-kennicott

luns, 30 de marzo de 2020

Pankdemia - Peter Punk Paiaso

Que o humor nunca deixe de estar presente. A rir co paiaso Peter Punk!!

 

Anacos da memoria

Foi no Outono do 1918 cando a segunda vaga da pandemia chegou a Galicia deixando 25.000 mortes en apenas dous meses. Era a denominada gripe española. 
Rianxo foi un dos pobos onde máis estragos causou a epidemia gripal. A xente atopábase sen médicos nin medicamentos, nin medidas de hixiene...
Ante tan alarmante situación, un dos médicos que se presentou en Rianxo para auxiliar aos seus veciños foi Alfonso R.Castelao. El facía anos que renunciara á Medicina tras sufrir un desprendemento de retina que case o deixa cego. Mais cando coñeceu a situación da súa vila natal, foi prestar os seus servizos como médico. A sua axuda voluntaria fíxolle recibir moitos eloxios por parte da veciñanza.          
                                         
   Castelao: la caricatura como arte útil. Portal Carta de España ...

 "Ao pobo de Rianxo, ameazan días de
horrenda miseria. Minguada en case a 
metade da colleita do millo por efecto das
excesivas calores estivais, sen traballo a
clase obreira, esgotada a gran mina da
Ría por unha explotación infame, negra,
moi negra!, será a sorte das clases pobres
no inverno que se aveciña".

Texto escrito por Castelao e publicado no Xornal
"Eco de Galicia" (08-12-1917) 

 A información deste artigo foi recollida do blog                      caminhoesquecido.art.blog

sábado, 28 de marzo de 2020

Día Mundial do Teatro

Como onte foi o Día Mundial do Teatro, deixámosvos unha peza teatral,  "Fatal, falta Tafal", da compañía Fantoches Baj que ía ser estreada no Salón do Libro de Pontevedra. Como as circunstancias nos impediron visitalo, podemos acceder ao Salón virtual e disfrutar coas cantigas, contos... porque o humor e o teatro son moi necesarios nestes días.
www.salondolibro.gal/salon-virtual/

 

martes, 24 de marzo de 2020

Día Mundial da Poesía

Como o pasado sábado 21 de Marzo foi o Día Mundial da Poesía e tamén comezou a primavera, quixemos celebralo compartindo con vós estes versos en flor.
Disfrutádeos e lede poesía que senta moi ben!💗


 

xoves, 19 de marzo de 2020

CANTAMOS EN GALEGO II

3º ED. PRIMARIA

4º ED. PRIMARIA


5º ED. PRIMARIA

6º ED. PRIMARIA
 

CANTAMOS EN GALEGO

No terceiro trimestre teremos no cole un mini festival onde o alumnado de cada aula cantará unha canción dalgún grupo ou cantante galeg@. Deixámosvolas aquí para que vaiades ensaiando.
4º ED. INFANTIL


5º ED. INFANTIL


6º ED. INFANTIL
 
 1º ED. PRIMARIA


2º ED. PRIMARIA