mércores, 18 de decembro de 2019

PRA CANTAR NO NADAL

Aquí tes algunhas cantigas para cantar nestas festas...


 

A tradición de cantar os reis

Unha tradición habitual do Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas, mozos, nenas e nenos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, romances...transmitidos oralmente de xeración en xeración. A cambio do seu cantar solicitábase o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo una festa ou foliada.
En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as Xaneiras, Manueis ou Aninovos e a véspera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos.
Consideramos fundamental manter vivas as nosas raíces, por iso e para que este patrimonio non esmoreza, a rapazada de Infantil e as súas familias, saímos cada ano a cantalos reis polos arredores da escola, tentando recuperar esta fermosa costume.

COÑECES O APALPADOR?

Resultado de imaxes para apalpador
O Apalpador é un xigante carboeiro que descende das devesas na noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para visitar ás nenas e nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas. Ás veces déixalles algún regalo de madeira feito por el. Deséxalles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, e murmúralles “así estexas todo o ano”.
Na montaña lucense, principalmente, nos vales do Cebreiro, Courel, Louzara e Ancares, é onde pervive a figura deste vello e rexo carboeiro que apalpa a barriga dos nenos e nenas. Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é o nome que recibe esta pesonaxe que está ligada ás comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia.