martes, 25 de maio de 2021

festa do maio

 O pasado venres festexamos no cole a Festa do Maio. Durante dous días tódolas nenas e nenos colaboraron na colocación do fiuncho, ovos, laranxas e flores.

 Mirade que fermoso quedou! 🌹🌸🌼🌺🌻

Grazas familia pola colaboración 👏

Na festa, o alumnado de 5º leu a biografía de Xela Arias acompañados polo son do acordeón de N. de 3º.

Despois viñeron as cantigas. O alumnado de cada aula interpretou cantigas de grupos galegos como Pelepau, Leilía, Sés, Falperrys ou Sonoro Maxín 🎶🎶
 E para rematar bailamos a Muiñeira de Sabaxáns de Brincadeira arredor do maio. Mirade, mirade que ben o fixemos! 👏👏


 

semana das letras galegas

 Na Semana das Letras Galegas xogamos ao Pasabalabra en tódalas aulas do cole. As nenas e nenos escribiron as definicións buscando palabras relacionadas coa nosa terra, cultura, gastronomía, fauna...

Pasámolo moi ben!!😀

 

Tamén coñecemos a vida de Xela Arias e lemos algúns dos seus poemas. O alumnado de primaria escribiu poemas acompañados de collage coa foto da súa familia.


martes, 18 de maio de 2021

17 de maio

 Feliz día das Letras Galegas😍

                                                                                       foto ediciónsXerais 

 Aquí vos deixo un poema do libro Darío a diario, escrito por Xela Arias, a poeta homenaxeada este ano.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.