mércores, 19 de febreiro de 2020

venres, 14 de febreiro de 2020

Entroido Ribeirao

Hoxe tivemos unha visita moi especial; un volante e un maragato, chegados do Entroido Ribeirao de Chantada. Montse, a mamá de David, contounos a historia deste entroido, falounos dos traxes, das trasnadas dos maragatos...
Moitísimas grazas Montse por vir e mostrarnos un anaquiño deste entroido ancestral. Grazas David e Xiana por lucir os traxes con tanto xeito. 
E xa sabedes, se queredes vivir este entroido tendes que achegarvos a Santiago de Arriba. Alí veredes a David saltar e dar voltas para que sonen as súas campás.




luns, 10 de febreiro de 2020

ENTROIDO!!

Como se achega o Entroido, comezamos a facer un percorrido polos diferentes lugares da nosa terra onde aparecen algunhas personaxes como os volantes, as mázcaras, os boteiros... Canta riqueza!

Ademais de botar man dalgúns libros que temos na biblioteca tamén vimos vídeos para escoitar o son dos bombóns no folión, das chocas dos peliqueiros...