luns, 30 de novembro de 2020

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Neste 25 de Novembro e tódolos días do ano berramos "Non á violencia machista" e pensamos en 

MIL MANEIRAS 

de ser 

MULLER😍💜


 Neste día lemos nas aulas este poema da mestra do noso cole, Carmen Sampedro que levou o 1º Premio no Certame "Cores con palabras" (A Estrada, 2019). Parabénssss!!!👏👏

NON QUERO

Como bolboretas sen ás, sen aire

coa boca pechada, encadeada ao silencio...

co medo ancestral, sometida ao teu cariño baldío

sentíndome invisible para o mundo.

Sacias a túa sede coas miñas bágoas,

o meu sangue alimenta o teu ego,

son unha sombra da túa covardía.

Que fago mal para que me castigues?

Se teu amor é dor, non quero amarte.

Non quero dixen!!!

Non quero berrei!!!

Quero vivir sen a culpa impresa no meu rostro.

Quero romper as cadeas que me aprisionan.

Quero voar, quero rir, quero soñar...

Eu son grande, eu son forte, eu son muller.

E dígoche: NON QUERO!!!

sábado, 14 de novembro de 2020

magosto

 Día solleiro para comer castañas e chocolate!

😋😋



 

PARABÉNS!

 Xa temos os nomes das dúas gañadoras do concurso de Debuxo de Monstros e tamén do gañador do concurso de Relatos de Medo.

PARABÉNS Ildara, Alexandra e Antón 👏🎇🎆





 

mércores, 11 de novembro de 2020

colares de zonchos

Coñeces os colares de zonchos?

Rosalía de Castro escribe no seu libro Cantares Gallegos

 "has de cantar 

que che hei de dar zonchos

 has de cantar 

que che hei de dar moitos"

Unha tradición da nosa terra é a dos colares de zonchos, isto é, castañas cocidas coa pel e cunha agulla e un cordel enfiadas facendo un colar. Antigamente facíanse como amuletos para poñerllos aos nenos/as os días 1 e 2 de novembro.

Anímaste a facer un?

 

É tempo de Magostos!

 Este venres celebraremos no cole a festa do Magosto. A raíña desta festa é a castaña. Esta froita contén vitamina C, potasio, ferro, fósforo, iodo e calcio. Así que preparádevos para comer unha chea delas!

E co bandullo cheo podedes cantar: 

"Non chas quero, non chas quero

castañas do teu magosto

non chas quero, non chas quero

que me cheiran ao chamosco". 

Aquí vos deixo outra cantiga de Xavier Blanco para que bailedes e cantedes:




domingo, 1 de novembro de 2020

Concursos de samaín

 Mirade cantos debuxos de Monstros se presentaron ao concurso👏


 E relatos tamén ...



 Cal será o elixido? En breve saberémolo😀