xoves, 30 de abril de 2020

mércores, 29 de abril de 2020

A cociñar!

 A rapazada de Infantil está cociñando uns pratos deliciosos😋😋!Mirade as fotos 👇
E vós? nen@s de Primaria animádevos a compartir con nós os vosos pratos, receitas...? Veña!!!!
 Recordade facelo en galego!😉 
 Enviade as fotos ou vídeos a ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com





Día Internacional da Danza

Hoxe é o Día Internacional da Danza.
 Que vos parece se o celebramos bailando? Neste vídeo de Aulas Galegas o mestre Miguel Sotelo ensínanos a bailar unha xota.
Animádevos!! Podedes compartir con nós os vosos vídeos bailando a xota ou calquera tipo de baile que vos guste.
 Enviádeos a ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com

luns, 27 de abril de 2020

25 de Abril

Dende o ano 1974 o noso país veciño, Portugal, festexa cada 25 de Abril a "Revolução dos Cravos" (Revolución dos Caraveis) que devolveu a liberdade ao pobo portugués.
Este día todo o mundo canta "Gándola, Vila Morena" unha canción composta e cantada por Zeca Afonso que nos fala da fraternidade entre as persoas.
Este ano tocou cantala dende a casa, escoitadeee... 

xoves, 23 de abril de 2020

Feliz Día do Libro

Nestes días os libros pódennos facer viaxar a lugares incríbles, percorrer aventuras, adentrarnos en historias fantásticas...
Disfrutade moito lendo e escoitando!!! 💗💗

mércores, 22 de abril de 2020

martes, 21 de abril de 2020

xoves, 16 de abril de 2020

ricardo carvalho calero

Este ano o homenaxeado do Día das Letras Galegas é o escritor e filólogo Ricardo Carvalho Calero.
O alumnado de 5º de Primaria do Colexio San Pío X de Ourense realizou este vídeo sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.
Quedoulles xenial!! Grazas por compartilo con nós.

 Ademais do vídeo tamén fixeron un xogo de comprensión para repasar aspectos fundamentais do autor. Semella unha partida de dardos. Anímaste a xogar? Preme nesta ligazón

Aprende a colocar pronomes en 1 minuto

Aquí vos vai un vídeo que recolle moi resumidas as principais regras de colocación do pronome átono. So precisas 1 minuto para aprender a colocalos ben. 
Preme nesta ligazón

xoves, 2 de abril de 2020

Pandemia de Contos

O colectivo de Narración Oral Galega NOGA está contando unha chea de contos para que levemos mellor o confinamento. Podedes escoitalos premendo neste enlace.
E para ir comezando déixovos a Ignacio Vilariño contando e cantando "Maturrangaina".


mércores, 1 de abril de 2020

DEBUXANDO CON LEANDRO LAMAS

Hoxe ás 16:00 o pintor e ilustrador, Leandro Lamas vai dar unha sesión online de debuxo no Facebook. Animádevos e despois compartide os debuxos con nós no enderezo ceipmesstrerodriguezxixirei@gmail.com

NOVIDADES MUSICAIS

Aquí tendes algunhas das novidades dalgúns grupos galegos. Bailade!!!!