martes, 28 de xuño de 2022

festa do orgullo

 Rematamos o curso con esta festa chea de cores, na que reafirmamos o sentimento de orgullo sobre as orientacións sexuais e identidades de xénero tradicionalmente reprimidas. 

Pintamos as nosas camisetas coas cores 

da bandeira LGTBIQ+ 😍


Xuntámonos no patio para escoitar o manifesto que leu o alumnado de 6º.


Na parede da entrada da escola o alumnado de primaria pintou a bandeira e as nenas e nenos de infantil deixaron a pegada das súas mans.

Mirade que fermosura!💖

mércores, 8 de xuño de 2022

festa do maio e Día das letras galegas

 O venres 20 de maio tivemos dobre festa no cole. Festexamos o Día das Letras Galegas recordando a Florencio Delgado Gurriarán. O alumnado de todo o centro leu poemas deste poeta.

Tamén fixemos a festa do Maio 🌷🌹🌸🌼🌻🌺 Xuntamos fiuncho, xestas, flores... e fómolo colocando con moito coidado. Mirade que fermoso quedou!😍


 Tamén elaboramos coroas de flores, bailamos arredor do maio, pintamos ovos...


e cantamos...

Pra facer o maio temos que coller

un feixe de flores e algo que dizer.

Esperta maio que tanto durmiche

pasou o inverno e non o sentiche.

luns, 2 de maio de 2022

os maios

 Dende o primeiro domingo do mes de maio, celébranse en moitos lugares as festas do maio para conmemorar a chegada da Primavera 🌸🌹🌼🌻
No Xixirei tamén imos celebrar esta festa!

Apetéceche participar no concurso de cartaces para anunciala?



semana do libro

 

O 23 de abril foi o Día do Libro 📚

Nesa semana no Xixirei tivemos convidadxs especiais💖

A ilustradora Sara Valcárcel contoulle ao alumnado de Infantil, 1º e 2º porque comezara a debuxar e con ela fixeron uns marcapáxinas chulísimos.

O alumnado de 3º e 4º contou coa visita do ilustrador Óscar Villán.


E o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de coñecer ao debuxante de banda deseñada, Fran Bueno.


Na biblioteca do cole, todo o alumnado amosou os seus textos e ilustracións: poesía, conto, cómic, manga. 

Que artistas 👏👏




venres, 1 de abril de 2022

Día das artes galegas

O 1 de abril é o Día das artes galegas. Este ano o homenaxeado é Laxeiro. Despois de ler sobre a súa vida e botarlle un ollo a algunhas das súas obras, saímos ao patio para pintar coma el.



 

EDUCANDO EN IGUALDADE

Da man de COMPIGUAL, Compostela pola Igualdade de xénero, o alumnado de todo o cole participou en talleres que tiñan como obxectivo fomentar valores positivos de igualdade entre mulleres e homes e tamén a prevención da violencia machista. 


 

8 DE MARZO

Neste Día Internacional da Muller, o alumnado e profesorado do Xixirei camiñamos para reivindicar os dereitos das mulleres e unha igualdade efectiva.


 

Tamén coñecemos a historia de vida dalgunhas mulleres que conseguiron abrirse un oco na sociedade tendo que superar unha chea de atrancos.

ADIARATOU IGLESIAS, FRIDA KAHLO, GRETA THUNBERG, YAYOI  KUSAMA, LANA E LILLY WACHOWSKY...




 

mércores, 9 de marzo de 2022

fun polo aire

 

O 8 de marzo as nenas e nenos de 6º de Infantil saíron no programa da TVG Fun polo aire falando das súas mamás.

Dá gusto escoital@s!👏👏

 Preme aquí para velo



visítanos un cigarrón

 Que sorpresa levamos cando escoitamos o son das chocas no patio da escola. 

Dende Verín achegouse un cigarrón ao cole. Engalanado co seu traxe correu pola escola batendo a súa zamarra. Houbo quen tivo algo de medo pero ao descubrir que era o profe Alfonso quen estaba debaixo daquela carauta, xa nos achegamos a el confiad@s.




festa do entroido

 O venres de Entroido fixemos festa no cole.

 Lucimos os nosos disfraces, bailamos ao son das Tanxugueiras, comemos chocolate con orellas... e rematamos a festa queimando a Meca polos seus mandatos de toda a semana.



















xoves, 24 de febreiro de 2022

é tempo de entroido

 Achégase o tempo de Entroido, Antroido, Entrudo...

de buscar no faiado as perrucas, carautas...

de comer as orellas, filloas, cocido...

de brincar, correr... ao son do folión!🎉

PELIQUEIROS, PANTALLAS, VOLANTES, XENERAIS, FELOS,  CIGARRÓNS, BOTEIROS, MÁZCARAS, FOLLATEIROS, BONITAS, MADAMAS E GALÁNS, O OSO, O VELLO DOS CORNOS, O DEMO ... e moitos máis saen nestas festas!




DÍA DE ROSALÍA

Onte, 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.



Sabiades que o pensamento era a flor preferida de Rosalía?

No cole temos un pensamento no que escribimos as palabras que aparecen nos seus poemas.


DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 


luns, 7 de febreiro de 2022

TERRA

 Parabéns ás Tanxugueiras por esa fantástica actuación no Benidorm fest.

Foi todo un éxito! Que orgullo para a nosa música e a nosa cultura!

NON HAI FRONTEIRAS! 👏👏




DÍA DA CANDELORIA

 O pasado 2 de Febreiro foi o Día da Candeloria.

Sabiades que esta celebración vén de moi antigo? Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Dise que é o tempo no que casan os paxaros.


Son moitos os ditos e refráns que aluden a esta celebración:

"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra, que chore, que deixe chorar, metade do inverno está por pasar".