xoves, 6 de maio de 2021

Telexornal das letras galegas

 Nesta nova edición do Telexornal das Letras Galegas, o alumnado do CPI dos Dices de Rois achéganos á figura e ao legado persoal e literario de Xela Arias Castaño a través de entrevistas a estudosas e estudosos da obra da autora. Manuel Bragado, Ana Romaní, Chus Nogueira, Montse Penas, Emma Pedreira, Yolanda Castaño ou Fran Alonso axudarannos a coñecer mellor a escritora, tradutora e activista, e a afondar nos seus libros máis senlleiros: Denuncia do equilibrio, Darío a diario, Tigres coma cabalos ou Intempériome.


 

xela arias

 Este ano o Día das Letras Galegas adícase á escritora, poeta e traductora Xela Arias.

Queres coñecer a súa biografía? Bótalle unha ollada a este vídeo  feito polo alumnado do Ceip Frei Luís de Granada.

 Mirade que chulada!😍Grazas por compartilo


 

A REGUEIFA

   A Regueifa é un desafío oral improvisado que ten a orixe nos banquete das vodas. Era tradición que a parella ou a madriña  puxese a disposición dos convidados un bolo de pan chamado “regueifa”. A persoa que tería o honor de repartir a regueifa, sería aquela que mellor retase en verso aos demais. As claves da regueifa son a súa rapidez, espontaneidade e sobre todo o enxeño. 

Esta semana viñeron ao cole Lupe Blanco e Josiño da Teixeira para impartir un obradoiro de regueifa nas aulas de 4º e 6º. Que divertido foi! Moito rimos e ata inventamos varias coplas para regueifar!

Neste vídeo podedes ver que ben o fan Lupe e Josiño!👏👏

E mañá tócalle á clase de 5º. 


 


 


 




 

luns, 19 de abril de 2021

mércores, 24 de marzo de 2021

día da poesía

 O pasado 21 de Marzo foi o Día Mundial da Poesía

A mellor maneira de celebrando é escoitándoa, léndoa, escribíndoa...

Aquí vos deixo a unha profe do cole do Irixo lendo o poemario "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes e ilustrado por Leandro Lamas.

Grazas por compartilos 💜


 

os dedos das mans

 Sabes o nome dos dedos das mans?✋


 

luns, 8 de marzo de 2021

8M. Día da Muller

Hoxe foi 8M,

 unha data sinalada que debemos marcar no calendario, 

o Día Internacional da Muller💜

 Camiñamos cara un futuro igualitario no que mulleres e homes teñan os mesmos dereitos.

  

O grupo Acordeireta, Patri e Alex, escolleu este día para estrear a súa cantiga "Loitar Cantando" no que homenaxean á gran poeta e mestra da memoria Luz Fandiño.

Mirade, que fermosura! Un berro por tódalas mulleres 👏