A Regueifa é un desafío oral improvisado que ten a orixe nos banquete das vodas. Era tradición que a parella ou a madriña puxese a disposición dos convidados un bolo de pan chamado “regueifa”. A persoa que tería o honor de repartir a regueifa, sería aquela que mellor retase en verso aos demais. As claves da regueifa son a súa rapidez, espontaneidade e sobre todo o enxeño.
Esta semana viñeron ao cole Lupe Blanco e Josiño da Teixeira para impartir un obradoiro de regueifa nas aulas de 4º e 6º. Que divertido foi! Moito rimos e ata inventamos varias coplas para regueifar!
Neste vídeo podedes ver que ben o fan Lupe e Josiño!👏👏
E mañá tócalle á clase de 5º.
Ningún comentario:
Publicar un comentario