martes, 18 de maio de 2021

17 de maio

 Feliz día das Letras Galegas😍

                                                                                       foto ediciónsXerais 

 Aquí vos deixo un poema do libro Darío a diario, escrito por Xela Arias, a poeta homenaxeada este ano.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.

                                        

xoves, 6 de maio de 2021

Telexornal das letras galegas

 Nesta nova edición do Telexornal das Letras Galegas, o alumnado do CPI dos Dices de Rois achéganos á figura e ao legado persoal e literario de Xela Arias Castaño a través de entrevistas a estudosas e estudosos da obra da autora. Manuel Bragado, Ana Romaní, Chus Nogueira, Montse Penas, Emma Pedreira, Yolanda Castaño ou Fran Alonso axudarannos a coñecer mellor a escritora, tradutora e activista, e a afondar nos seus libros máis senlleiros: Denuncia do equilibrio, Darío a diario, Tigres coma cabalos ou Intempériome.


 

xela arias

 Este ano o Día das Letras Galegas adícase á escritora, poeta e traductora Xela Arias.

Queres coñecer a súa biografía? Bótalle unha ollada a este vídeo  feito polo alumnado do Ceip Frei Luís de Granada.

 Mirade que chulada!😍Grazas por compartilo


 

A REGUEIFA

   A Regueifa é un desafío oral improvisado que ten a orixe nos banquete das vodas. Era tradición que a parella ou a madriña  puxese a disposición dos convidados un bolo de pan chamado “regueifa”. A persoa que tería o honor de repartir a regueifa, sería aquela que mellor retase en verso aos demais. As claves da regueifa son a súa rapidez, espontaneidade e sobre todo o enxeño. 

Esta semana viñeron ao cole Lupe Blanco e Josiño da Teixeira para impartir un obradoiro de regueifa nas aulas de 4º e 6º. Que divertido foi! Moito rimos e ata inventamos varias coplas para regueifar!

Neste vídeo podedes ver que ben o fan Lupe e Josiño!👏👏

E mañá tócalle á clase de 5º.