mércores, 23 de decembro de 2020

postais finalistas

 Aquí tendes as postais finalistas do concurso!

Parabéns!! Son chulísimas 😍





cantares de reis

 Aínda que leva unha semana chovendo, non podiamos quedar sen saír a cantalos reis e repartir postais aos veciños e veciñas da Esquipa!🎅🎄



Concurso de postais

 Mirade cantas postais se presentaron ao concurso!!👏👏



 

sábado, 12 de decembro de 2020

panxoliñas e cantares de reis

 É o tempo de comezar a ensaiar panxoliñas e cantares para saír a cantalos reis.🎍🎄🎅🎵

Aquí tendes algunhas...








 

o apalpador

 Coñeces o Apalpador?

  

É un carboeiro que baixa das montañas do Courel na noite do 24 ou 31 de decembro para visitar as casas d@s nen@s. Cando están durmindo, apálpalles a barriga para ver se comeron abondo durante o ano. Déixalles unha presada de castañas e ás veces un agasallo feito de madeira. Tamén lles desexa que teñan un ano cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano.

Neste vídeo, Fina de Ferramulín cóntalle ao escritor Sechu Sende quen era o Apalpador. 


 E nestoutro vídeo, o alumnado de 5º curso do CEIP Nosa Sra de Xuvencos cóntanos a historia desta personaxe da tradición galega.


 

mércores, 2 de decembro de 2020

Concurso de postais de nadal

Achégase o Nadal🎄
e con el as felicitacións.
 Xa tes a túa preparada
para o concurso? Mira, mira...

luns, 30 de novembro de 2020

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Neste 25 de Novembro e tódolos días do ano berramos "Non á violencia machista" e pensamos en 

MIL MANEIRAS 

de ser 

MULLER😍💜


 Neste día lemos nas aulas este poema da mestra do noso cole, Carmen Sampedro que levou o 1º Premio no Certame "Cores con palabras" (A Estrada, 2019). Parabénssss!!!👏👏

NON QUERO

Como bolboretas sen ás, sen aire

coa boca pechada, encadeada ao silencio...

co medo ancestral, sometida ao teu cariño baldío

sentíndome invisible para o mundo.

Sacias a túa sede coas miñas bágoas,

o meu sangue alimenta o teu ego,

son unha sombra da túa covardía.

Que fago mal para que me castigues?

Se teu amor é dor, non quero amarte.

Non quero dixen!!!

Non quero berrei!!!

Quero vivir sen a culpa impresa no meu rostro.

Quero romper as cadeas que me aprisionan.

Quero voar, quero rir, quero soñar...

Eu son grande, eu son forte, eu son muller.

E dígoche: NON QUERO!!!