mércores, 6 de maio de 2020

Os vosos Maios

Mirade que Maios tan chulis están chegando 😍😍
Animádevos a facer o voso!! 🌹🌼🌷🌼🌺🌼
Aínda estades a tempo!
Non esquezades envialo a
 ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com 
 

luns, 4 de maio de 2020

Como elaborar un maio na casa

A proposta de hoxe é seguir mantendo viva a tradición dos maios a través da memoria dos maiores. Aproveitade para preguntarlle aos vosos avós e avoas, bisavós e bisavoas, como vivían esta festividade, que se cadra é distinta, ou non, a como se vive na actualidade.
E como este ano non podemos celebrar a Festa dos Maios no cole, 
deixámosvos uns vídeos onde Alba (Aulas Galegas) nos explicarcomo facer un maio con material de refugallo e outro da maneira tradicional adaptado ao confinamento. 
Animádevos a facer o voso en familia? Veñaaaaa
Non esquezades enviarnos o voso resultado ao correo
ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com 
Se preferides tamén podedes debuxar o voso maio e pintalo como vos apeteza.


 

Festa dos Maios

 Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a festa dos maios en Galicia, tamén coñecida simplemente como os Maios.
 Esta celebración primaveral adóitase celebrar arredor do 1 de maio. A festa consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou escultura, chamada maio feita con fiúncho, flores, musgo, carrabouxos… Grupos de xente cantan coplas populares cheas de crítica social (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados de percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinando que, por Lugo ou Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.


xoves, 30 de abril de 2020

mércores, 29 de abril de 2020

A cociñar!

 A rapazada de Infantil está cociñando uns pratos deliciosos😋😋!Mirade as fotos 👇
E vós? nen@s de Primaria animádevos a compartir con nós os vosos pratos, receitas...? Veña!!!!
 Recordade facelo en galego!😉 
 Enviade as fotos ou vídeos a ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com





Día Internacional da Danza

Hoxe é o Día Internacional da Danza.
 Que vos parece se o celebramos bailando? Neste vídeo de Aulas Galegas o mestre Miguel Sotelo ensínanos a bailar unha xota.
Animádevos!! Podedes compartir con nós os vosos vídeos bailando a xota ou calquera tipo de baile que vos guste.
 Enviádeos a ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com