martes, 11 de febreiro de 2020
luns, 10 de febreiro de 2020
ENTROIDO!!
Como se achega o Entroido, comezamos a facer un percorrido polos diferentes lugares da nosa terra onde aparecen algunhas personaxes como os volantes, as mázcaras, os boteiros... Canta riqueza!
Ademais de botar man dalgúns libros que temos na biblioteca tamén vimos vídeos para escoitar o son dos bombóns no folión, das chocas dos peliqueiros...
mércores, 18 de decembro de 2019
A tradición de cantar os reis
Unha tradición habitual do Nadal era ir
cantar polas casas. Grupos de mozas, mozos, nenas e nenos percorrían a
aldea ou parroquia cantando panxoliñas, romances...transmitidos oralmente de xeración en xeración. A cambio do seu cantar
solicitábase o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos,
touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos
facendo una festa ou foliada.
En Nadal
cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as Xaneiras, Manueis ou
Aninovos e a véspera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos.
Consideramos fundamental manter vivas as nosas raíces, por iso e para que este patrimonio non esmoreza, a rapazada de Infantil e as súas familias, saímos cada ano a cantalos reis polos arredores da escola, tentando recuperar esta fermosa costume.

COÑECES O APALPADOR?

O Apalpador é un xigante carboeiro
que descende
das devesas na noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para
visitar ás nenas e nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron
abondo
durante o ano, deixándolles unha presada de castañas. Ás veces déixalles
algún regalo de madeira feito por el. Deséxalles que teñan un ano novo
cheo de felicidade e
fartura, e murmúralles “así estexas todo o ano”.
Na montaña lucense, principalmente, nos vales do Cebreiro, Courel,
Louzara e Ancares, é onde pervive a figura deste vello e rexo carboeiro
que apalpa a barriga dos nenos e nenas. Apalpador, Apalpa-Barrigas ou
Pandigueiro é o nome que recibe esta pesonaxe que está ligada ás
comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia.
martes, 29 de outubro de 2019
Coñeces a verdadeira historia do Samaín?
Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metaluxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
A festa do Samaín, representaba para os pobos Celtas, a fin do verán e o inicio do inverno. Esta festa marcaba o inicio do novo ano celta. Nestas datas, os celtas colocaban velas no interior das caveiras dos inimigos mortos e colocábanas nos cruces dos camiños, nas portas das vivendas...co obxecto de arrepiaren aos inimigos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)