mércores, 18 de decembro de 2019

A tradición de cantar os reis

Unha tradición habitual do Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas, mozos, nenas e nenos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, romances...transmitidos oralmente de xeración en xeración. A cambio do seu cantar solicitábase o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo una festa ou foliada.
En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as Xaneiras, Manueis ou Aninovos e a véspera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos.
Consideramos fundamental manter vivas as nosas raíces, por iso e para que este patrimonio non esmoreza, a rapazada de Infantil e as súas familias, saímos cada ano a cantalos reis polos arredores da escola, tentando recuperar esta fermosa costume.

Ningún comentario:

Publicar un comentario