O 1 de abril é o Día das artes galegas. Este ano o homenaxeado é Laxeiro. Despois de ler sobre a súa vida e botarlle un ollo a algunhas das súas obras, saímos ao patio para pintar coma el.
venres, 1 de abril de 2022
EDUCANDO EN IGUALDADE
Da man de COMPIGUAL, Compostela pola Igualdade de xénero, o alumnado de todo o cole participou en talleres que tiñan como obxectivo fomentar valores positivos de igualdade entre mulleres e homes e tamén a prevención da violencia machista.
8 DE MARZO
Neste Día Internacional da Muller, o alumnado e profesorado do Xixirei camiñamos para reivindicar os dereitos das mulleres e unha igualdade efectiva.
Tamén coñecemos a historia de vida dalgunhas mulleres que conseguiron abrirse un oco na sociedade tendo que superar unha chea de atrancos.
ADIARATOU IGLESIAS, FRIDA KAHLO, GRETA THUNBERG, YAYOI KUSAMA, LANA E LILLY WACHOWSKY...
mércores, 9 de marzo de 2022
fun polo aire
O 8 de marzo as nenas e nenos de 6º de Infantil saíron no programa da TVG Fun polo aire falando das súas mamás.
Dá gusto escoital@s!👏👏
Preme aquí para velo
visítanos un cigarrón
Que sorpresa levamos cando escoitamos o son das chocas no patio da escola.
Dende Verín achegouse un cigarrón ao cole. Engalanado co seu traxe correu pola escola batendo a súa zamarra. Houbo quen tivo algo de medo pero ao descubrir que era o profe Alfonso quen estaba debaixo daquela carauta, xa nos achegamos a el confiad@s.
festa do entroido
xoves, 24 de febreiro de 2022
é tempo de entroido
Achégase o tempo de Entroido, Antroido, Entrudo...
de buscar no faiado as perrucas, carautas...
de comer as orellas, filloas, cocido...
de brincar, correr... ao son do folión!🎉
PELIQUEIROS, PANTALLAS, VOLANTES, XENERAIS, FELOS, CIGARRÓNS, BOTEIROS, MÁZCARAS, FOLLATEIROS, BONITAS, MADAMAS E GALÁNS, O OSO, O VELLO DOS CORNOS, O DEMO ... e moitos máis saen nestas festas!






