xoves, 24 de febreiro de 2022

é tempo de entroido

 Achégase o tempo de Entroido, Antroido, Entrudo...

de buscar no faiado as perrucas, carautas...

de comer as orellas, filloas, cocido...

de brincar, correr... ao son do folión!🎉

PELIQUEIROS, PANTALLAS, VOLANTES, XENERAIS, FELOS,  CIGARRÓNS, BOTEIROS, MÁZCARAS, FOLLATEIROS, BONITAS, MADAMAS E GALÁNS, O OSO, O VELLO DOS CORNOS, O DEMO ... e moitos máis saen nestas festas!




DÍA DE ROSALÍA

Onte, 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.



Sabiades que o pensamento era a flor preferida de Rosalía?

No cole temos un pensamento no que escribimos as palabras que aparecen nos seus poemas.


DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 


luns, 7 de febreiro de 2022

TERRA

 Parabéns ás Tanxugueiras por esa fantástica actuación no Benidorm fest.

Foi todo un éxito! Que orgullo para a nosa música e a nosa cultura!

NON HAI FRONTEIRAS! 👏👏




DÍA DA CANDELORIA

 O pasado 2 de Febreiro foi o Día da Candeloria.

Sabiades que esta celebración vén de moi antigo? Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Dise que é o tempo no que casan os paxaros.


Son moitos os ditos e refráns que aluden a esta celebración:

"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra, que chore, que deixe chorar, metade do inverno está por pasar".

venres, 24 de decembro de 2021

bo nadal

 Dende o EDLG, Equipo de Dinamización da Lingua Galega

desexámosvos...


 

festexamos o nadal!

 O pasado 21 despedimos o trimestre festexando o Nadal🎄

Saímos cantalos reis polos arredores da escola. Enchemos os buzóns de postaois feitas con moito agarimo. Ata nos atopamos co Grinch. Menudo susto levamos!😀

E rematamos a mañá rindo a gargalladas co Mago Rey Midas 🎩😄