xoves, 30 de setembro de 2021

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

 O pasado 26 de setembro conmemorouse o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa do Consello de Europa que festexa a diversidade lingüística e convida a reivindicar os dereitos lingüísticos das falantes.

 Correlingua 2018 pola normalización lingüística da mocidade e a infancia na cidade de Vigo. 

Correlingua 2018 pola normalización lingüística da mocidade e a infancia na cidade de Vigo.

martes, 14 de setembro de 2021

comeza un novo curso!

 Dende o equipo de EDLG dámosvos a benvida a este novo curso que virá cheo celebracións, conversas, obradoiros, música, danza, arte, poesía, natureza... e sobre todo moito GALEGO 😃 

e moita ilusión por compartir momentos! 💗

                       

luns, 28 de xuño de 2021

fin de curso

 Chegou a fin de curso e as tan agardadas vacacións 🎉🎊

Foi unha mágoa que chovera o último día e non puideramos despedirnos coa festa que tiñamos preparada 😏

Dende o EDLG desexámosvos...

BO VERÁN!!! 🌊🌞🏄🍉

Aquí vos deixamos algunha foto do último concerto que tivemos no cole, Cé Pantasma. Canto cantamos e bailamos!! 😍👏👏




martes, 25 de maio de 2021

festa do maio

 O pasado venres festexamos no cole a Festa do Maio. Durante dous días tódolas nenas e nenos colaboraron na colocación do fiuncho, ovos, laranxas e flores.

 Mirade que fermoso quedou! 🌹🌸🌼🌺🌻

Grazas familia pola colaboración 👏

Na festa, o alumnado de 5º leu a biografía de Xela Arias acompañados polo son do acordeón de N. de 3º.

Despois viñeron as cantigas. O alumnado de cada aula interpretou cantigas de grupos galegos como Pelepau, Leilía, Sés, Falperrys ou Sonoro Maxín 🎶🎶
 E para rematar bailamos a Muiñeira de Sabaxáns de Brincadeira arredor do maio. Mirade, mirade que ben o fixemos! 👏👏


 

semana das letras galegas

 Na Semana das Letras Galegas xogamos ao Pasabalabra en tódalas aulas do cole. As nenas e nenos escribiron as definicións buscando palabras relacionadas coa nosa terra, cultura, gastronomía, fauna...

Pasámolo moi ben!!😀

 

Tamén coñecemos a vida de Xela Arias e lemos algúns dos seus poemas. O alumnado de primaria escribiu poemas acompañados de collage coa foto da súa familia.


martes, 18 de maio de 2021

17 de maio

 Feliz día das Letras Galegas😍

                                                                                       foto ediciónsXerais 

 Aquí vos deixo un poema do libro Darío a diario, escrito por Xela Arias, a poeta homenaxeada este ano.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.