luns, 20 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Tódolos dezasetes de maio festexamos o día das nosas letras, o día da nosa lingua. Este ano adicámoslle este día tan especial a Antonio Fraguas polo seu labor a prol da nosa cultura e lingua; polo seu traballo como etnógrafo e mestre.
Na escola recordámolo cun xogo de probas. Por equipos fomos superando as probas (organizadas polo alumnado de 6º) e conseguindo pezas de diferentes quebracabezas relacionados con Antonio Fraguas.





 

 



 








UN MAR DE MUIÑEIRAS

Parabéns ao CFR de Ferrol por esta iniciativa tan boa que reivindica a presencia da danza galega na escolas.

FESTA DO MAIO

Coa chegada da primavera celebramos a festa dos Maios, unha festa popular de orixes ancestrais.
Así de fermoso quedou o noso maio. Cantamos e bailamos arredor del. Mirade, mirade!


                                        

xoves, 7 de marzo de 2019

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER


O 8 de marzo e tódolos días,
na nosa escola brincamos coas mesmas cores, educando e construíndo en igualdade.


Aquí tendes dous vídeos para reflexionar sobre a igualdade de xénero. "O libro dos porcos" da editorial Kalandraka, narrado polo alumnado do Ceip Cabanas - Salcedo, e "O país dos mandóns" de edicións Embora, contado polas nenas e nenos do CRA de Dodro.

venres, 1 de marzo de 2019

ENTROIDOS

E se aínda non sabedes que facer nestas datas festivas, aquí tendes os cartaces dalgúns entroidos galegos. Entroidade moito!!!


É TEMPO DE ENTROIDO!!!!

Por fin chegou o esperado Entroido. É tempo de remexer no faiado para buscar unha chaqueta vella, unha perruca... É tempo de fartarse de filloas, flores, orellas... É tempo de botar borralla e fariña. É tempo de folións. É tempo de Entroidareeeeeeeee!
Aquí tendes algunhas fotos das personaxes que saen no Entroido: pantallas de Xinzo de Limia; Cigarróns de Verín; Boteiros de Viana do Bolo; Madamas e Galáns de Cobres; Peliqueiros de Laza; Mázcaras de Manzaneda; Xenerais da Ulla; Felos de Maceda e Boteiros de Vilariño de Conso.
E máis personaxes que podemos ver nestas datas son, os Volantes de Santiago de Arriba (Chantada); o Oso de Salcedo (Pobra do Brollón); o Vello dos cornos de Merza (Vila de Cruces)...