luns, 2 de maio de 2022

semana do libro

 

O 23 de abril foi o Día do Libro 📚

Nesa semana no Xixirei tivemos convidadxs especiais💖

A ilustradora Sara Valcárcel contoulle ao alumnado de Infantil, 1º e 2º porque comezara a debuxar e con ela fixeron uns marcapáxinas chulísimos.

O alumnado de 3º e 4º contou coa visita do ilustrador Óscar Villán.


E o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de coñecer ao debuxante de banda deseñada, Fran Bueno.


Na biblioteca do cole, todo o alumnado amosou os seus textos e ilustracións: poesía, conto, cómic, manga. 

Que artistas 👏👏




venres, 1 de abril de 2022

Día das artes galegas

O 1 de abril é o Día das artes galegas. Este ano o homenaxeado é Laxeiro. Despois de ler sobre a súa vida e botarlle un ollo a algunhas das súas obras, saímos ao patio para pintar coma el.



 

EDUCANDO EN IGUALDADE

Da man de COMPIGUAL, Compostela pola Igualdade de xénero, o alumnado de todo o cole participou en talleres que tiñan como obxectivo fomentar valores positivos de igualdade entre mulleres e homes e tamén a prevención da violencia machista. 


 

8 DE MARZO

Neste Día Internacional da Muller, o alumnado e profesorado do Xixirei camiñamos para reivindicar os dereitos das mulleres e unha igualdade efectiva.


 

Tamén coñecemos a historia de vida dalgunhas mulleres que conseguiron abrirse un oco na sociedade tendo que superar unha chea de atrancos.

ADIARATOU IGLESIAS, FRIDA KAHLO, GRETA THUNBERG, YAYOI  KUSAMA, LANA E LILLY WACHOWSKY...




 

mércores, 9 de marzo de 2022

fun polo aire

 

O 8 de marzo as nenas e nenos de 6º de Infantil saíron no programa da TVG Fun polo aire falando das súas mamás.

Dá gusto escoital@s!👏👏

 Preme aquí para velo



visítanos un cigarrón

 Que sorpresa levamos cando escoitamos o son das chocas no patio da escola. 

Dende Verín achegouse un cigarrón ao cole. Engalanado co seu traxe correu pola escola batendo a súa zamarra. Houbo quen tivo algo de medo pero ao descubrir que era o profe Alfonso quen estaba debaixo daquela carauta, xa nos achegamos a el confiad@s.




festa do entroido

 O venres de Entroido fixemos festa no cole.

 Lucimos os nosos disfraces, bailamos ao son das Tanxugueiras, comemos chocolate con orellas... e rematamos a festa queimando a Meca polos seus mandatos de toda a semana.