Parabéns ás Tanxugueiras por esa fantástica actuación no Benidorm fest.
Foi todo un éxito! Que orgullo para a nosa música e a nosa cultura!
NON HAI FRONTEIRAS! 👏👏
Parabéns ás Tanxugueiras por esa fantástica actuación no Benidorm fest.
Foi todo un éxito! Que orgullo para a nosa música e a nosa cultura!
NON HAI FRONTEIRAS! 👏👏
O pasado 2 de Febreiro foi o Día da Candeloria.
Sabiades que esta celebración vén de moi antigo? Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Dise que é o tempo no que casan os paxaros.
"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra, que chore, que deixe chorar, metade do inverno está por pasar".
O pasado 21 despedimos o trimestre festexando o Nadal🎄
Saímos cantalos reis polos arredores da escola. Enchemos os buzóns de postaois feitas con moito agarimo. Ata nos atopamos co Grinch. Menudo susto levamos!😀
E rematamos a mañá rindo a gargalladas co Mago Rey Midas 🎩😄
Nestes meses de Outono desfrutamos moito nos roteiros: buscamos cogumelos, camiñamos sobre as follas secas, apañamos landras e castañas...
Coñeces a tradición do colar de zonchos?
Era unha tradición de veneración dos mortos. O día 1 de novembro a xente ía ao camposanto cun colar de zonchos no pescozo para honrar ás persoas finadas.
O alumnado de 4º acertou o nome deste colar. Parabéns!!!👏👏