venres, 24 de decembro de 2021

bo nadal

 Dende o EDLG, Equipo de Dinamización da Lingua Galega

desexámosvos...


 

festexamos o nadal!

 O pasado 21 despedimos o trimestre festexando o Nadal🎄

Saímos cantalos reis polos arredores da escola. Enchemos os buzóns de postaois feitas con moito agarimo. Ata nos atopamos co Grinch. Menudo susto levamos!😀

E rematamos a mañá rindo a gargalladas co Mago Rey Midas 🎩😄




mércores, 15 de decembro de 2021

mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 O pasado mes de Novembro foi o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e no Xixirei fixemos unha chea de experimentos. Mirade, mirade!! 


 

roteiros de outono

 Nestes meses de Outono desfrutamos moito nos roteiros: buscamos cogumelos, camiñamos sobre as follas secas, apañamos landras e castañas...


 

colar de zonchos

 Coñeces a tradición do colar de zonchos?

Era unha tradición de veneración dos mortos. O día 1 de novembro  a xente ía ao camposanto cun colar de zonchos no pescozo para honrar ás persoas finadas.

O alumnado de 4º acertou o nome deste colar. Parabéns!!!👏👏
 

mércores, 17 de novembro de 2021

magosto

 O pasado venres tivemos Magosto na escola!!🌰🌰

Comezamos o día escoitando os contos de María da Pontragha. Encantounos!👏👏

Despois comemos as castañas e o chocolate. Que merenda tan deliciosa!😋😋

E rematamos xogando ás carreiras de sacos, comecastañas...



 

martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN

 O pasado venres celebramos na escola o Samaín 🎃

Durante toda a semana trouxemos da casa cabazas talladas ou calacús para colocar no patio e asustar a toda a xente que por alí pasaba. Tamén decoramos as aulas e os corredores.

 

 O venres chegou o día da festa! A escola encheuse de pantasmas, zombies, esqueletos... Que medo pasamos!!!

 As nenas e nenos de 4º representaron "A noite de Samaín". As cinco irmás non eran capaces de durmir naquel cuarto cheo de monstros.

Grazas aos compis de 6º por preparar un decorado tan chuli.



 
 

Despois do teatro viñeron os conxuros!


 E para rematar a festa, bailamos ao son do Jocker acordeonista. Grazas polo concerto!