Escoitando e cantando esta pegadiza cantiga aprendemos un pouco máis sobre a vida e obra deste autor. 🎶
martes, 12 de maio de 2020
Reto 2. Día das Letras Galegas
Carvalho Calero contribuíu con numerosas colaboracións a destacadas revistas literarias como: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios ou Papel de Color.
Serás capaz de atopar o nome destas revistas nesta sopa de letras. Seguro que si 😉.
venres, 8 de maio de 2020
Reto 1. Día das Letras Galegas
Serás capaz de resolver este reto?
En Santiago de Compostela hai unha escultura de Carvalho Calero (védela na foto ↓)
Saberás dicir o nome da rúa na que se atopa?
🎁PREMIO!! para a primeira persoa que acerte.
Escribide as vosas respostas ao final desta publicación (onde pon Escribe un comenario).
Telexornal "Carvalho calero" dende o CPI dos Dices
Dende o CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) chéganos este telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero. Grazas por compartir este vídeo que nos achega a este autor e á súa obra.
Parabéns! Quedou xenial 👏👏
Illas de Sal
Illas de Sal é o novo videoclip do disco "As catedrais silenciadas" de Xabier Díaz & As adufeiras de Salitre. É fermosísimo!!😻
Que ganas de ir a praia e de bailar tamén!😃
xoves, 7 de maio de 2020
toponimízate. os nomes da túa terra
A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugares: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes... É un aspecto fundamental do noso patrimonio inmaterial. Se queredes descubrir o significado dos nomes de concellos, parroquias, vilas, aldeas... premede nesta ligazón . Tamén poderedes visualizar sobre unha fotografía aérea os milleiros de microtopónimos (nomes de terras, outeiros, penedos, praias, fontes..). Toda esta información sérvenos para coñecer mellor o noso territorio e a historia local de cada recuncho galego.😊
Eu busquei o topónimo "A Esquipa" onde se atopa o noso cole. Sabiades que en Galicia hai máis lugares que teñen ese nome? Mirade ⬇⬇⬇ Sodes capaces de atopar o cole na foto aérea? 👀👀
Os vosos maios II
E seguen chegando fotos de maios fermosísimos😍👏
Grazas por compartilas!
Podemos cantar arredor deles
🎵"Maio, maíño ponte de pé
a ver se gañamos para un café,
maio, maíño ponte de lado
a ver se gañamos para un xeado" 🎶
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



