Hoxe ás 16:00 o pintor e ilustrador, Leandro Lamas vai dar unha sesión online de debuxo no Facebook. Animádevos e despois compartide os debuxos con nós no enderezo ceipmesstrerodriguezxixirei@gmail.com
mércores, 1 de abril de 2020
martes, 31 de marzo de 2020
Lugares de Galicia
Serás capaz de descubrir que lugar de Galicia se corresponde con cada número. O primeiro é Boimorto, agora segue ti!
Veña, a darlle á cachola!!!!
Se descubres algún podes escribir un comentario no final desta publicación.
Veña, a darlle á cachola!!!!
Se descubres algún podes escribir un comentario no final desta publicación.
Reto da Raposa Fedella
Dende a Cidade da Cultura propóñennos o seguinte reto: a Raposa Fedella precisa da nosa axuda. A Biblia Kennicott desapareceu! É unha das obras máis importantes da exposición Galicia, un relato no mundo do Museo Centro Gaiás e ten un valor incalculable.
Quéreslle axudar á Raposa Fedella? Entra no seguinte enlace e resolve os enigmas.
luns, 30 de marzo de 2020
Pankdemia - Peter Punk Paiaso
Que o humor nunca deixe de estar presente. A rir co paiaso Peter Punk!!
Anacos da memoria
Foi no Outono do 1918 cando a segunda vaga da pandemia chegou a Galicia deixando 25.000 mortes en apenas dous meses. Era a denominada gripe española.
Rianxo foi un dos pobos onde máis estragos causou a epidemia gripal. A xente atopábase sen médicos nin medicamentos, nin medidas de hixiene...
Ante tan alarmante situación, un dos médicos que se presentou en Rianxo para auxiliar aos seus veciños foi Alfonso R.Castelao. El facía anos que renunciara á Medicina tras sufrir un desprendemento de retina que case o deixa cego. Mais cando coñeceu a situación da súa vila natal, foi prestar os seus servizos como médico. A sua axuda voluntaria fíxolle recibir moitos eloxios por parte da veciñanza.
"Ao pobo de Rianxo, ameazan días de
horrenda miseria. Minguada en case a
metade da colleita do millo por efecto das
excesivas calores estivais, sen traballo a
clase obreira, esgotada a gran mina da
Ría por unha explotación infame, negra,
moi negra!, será a sorte das clases pobres
no inverno que se aveciña".
Texto escrito por Castelao e publicado no Xornal
"Eco de Galicia" (08-12-1917)
A información deste artigo foi recollida do blog caminhoesquecido.art.blog
sábado, 28 de marzo de 2020
Día Mundial do Teatro
Como onte foi o Día Mundial do Teatro, deixámosvos unha peza teatral, "Fatal, falta Tafal", da compañía Fantoches Baj que ía ser estreada no Salón do Libro de Pontevedra. Como as circunstancias nos impediron visitalo, podemos acceder ao Salón virtual e disfrutar coas cantigas, contos... porque o humor e o teatro son moi necesarios nestes días.
www.salondolibro.gal/salon-virtual/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)