martes, 24 de marzo de 2020

Día Mundial da Poesía

Como o pasado sábado 21 de Marzo foi o Día Mundial da Poesía e tamén comezou a primavera, quixemos celebralo compartindo con vós estes versos en flor.
Disfrutádeos e lede poesía que senta moi ben!💗


 

xoves, 19 de marzo de 2020

CANTAMOS EN GALEGO II

3º ED. PRIMARIA

4º ED. PRIMARIA


5º ED. PRIMARIA

6º ED. PRIMARIA
 

CANTAMOS EN GALEGO

No terceiro trimestre teremos no cole un mini festival onde o alumnado de cada aula cantará unha canción dalgún grupo ou cantante galeg@. Deixámosvolas aquí para que vaiades ensaiando.
4º ED. INFANTIL


5º ED. INFANTIL


6º ED. INFANTIL
 
 1º ED. PRIMARIA


2º ED. PRIMARIA 


mércores, 19 de febreiro de 2020

venres, 14 de febreiro de 2020

Entroido Ribeirao

Hoxe tivemos unha visita moi especial; un volante e un maragato, chegados do Entroido Ribeirao de Chantada. Montse, a mamá de David, contounos a historia deste entroido, falounos dos traxes, das trasnadas dos maragatos...
Moitísimas grazas Montse por vir e mostrarnos un anaquiño deste entroido ancestral. Grazas David e Xiana por lucir os traxes con tanto xeito. 
E xa sabedes, se queredes vivir este entroido tendes que achegarvos a Santiago de Arriba. Alí veredes a David saltar e dar voltas para que sonen as súas campás.




luns, 10 de febreiro de 2020

ENTROIDO!!

Como se achega o Entroido, comezamos a facer un percorrido polos diferentes lugares da nosa terra onde aparecen algunhas personaxes como os volantes, as mázcaras, os boteiros... Canta riqueza!

Ademais de botar man dalgúns libros que temos na biblioteca tamén vimos vídeos para escoitar o son dos bombóns no folión, das chocas dos peliqueiros...